lunes, 13 de febrero de 2017

MÁIS MÁQUINAS

Hoxe contamos coa marabillosa aportación  da profesora Carmen Freiría e  parte do seu alumnado (Formación Profesional, na rama de Electrónica) que viñeron a mostrarnos cómo funciona un ordenador por dentro, trouxeron tamén diversos circuitos e ata nos fixeron un experimento. Moitas grazas, así da gusto aprender máis aspectos sobre as MÁQUINAS.
Aquí vos deixamos algunhas fotos para que compartades o momento connosco!!!!

domingo, 5 de febrero de 2017

PROXECTO:A CONVENCIÓN DE MÁQUINAS


Seguimos ás voltas coa nosa labor de investigación. Agora que xa sabemos algo máis dos inventos e das máquinas imos comenzar un traballo cooperativo sobre unha máquina complexa que usamos a miúdo.Cal será????


Aquí vos deixamos unha breve exposición de máquinas simples e o "Muíño" feito por Sebastian,bo traballo familia!!!! Parabéns!!!