martes, 30 de mayo de 2017

EN FAMILIA


 


Aquí temos o pasapalabra da familia elaborado polo alumnado. Xa podedes xogar con el e pasar un bo anaco!!!!

viernes, 19 de mayo de 2017

FESTIVAL DE CANS

Ollade quen chegou ao noso cole, e ollade tamén como saiu del, hehehe!!!




A semana pasada o centro de maiores invitounos a participar no concurso de Cans que dirixen este ano, a verdade é que foi moi difícil..., a maioría eran espectaculares. Tamén vimos unha curta con eles sobre a vellez e aprendemos que debemos coidar moito dos nosos avós e avoas. Aquí vos deixamos unha mostra.










lunes, 8 de mayo de 2017

Coñecendo a contorna

Percorremos a ribeira do Louro, acompañados por Marcelo, experto en medioambiente da Asociación FAIA. Xuntos coñecemos a flora típica da zona: vimos amieiros, freixos, salgueiros negros, sabugueiros...E tamén anades reais, cabaliños do demo, ras e ata un lagarto arnal. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da saída.

DE RUTA POLO PASEO DO LOURO