viernes, 21 de abril de 2017

DÍA DA NAI TERRA

Este día brindanos a oportunidade de concienciar a tódolos habitantes do planeta acerca dos problemas que  afectan ás diferentes formas de vida que nel se desenvolven.
En 2017 a campaña denomínase “Alfabetización medioambiental e climática”.

As clases de 4º estamos participando nun concurso chamado “Faino verde”, polo que nos convertemos en embaixadores e embaixadoras do medio ambiente no noso cole. Así que hoxe facilitámoslles unha serie de consellos para a vida diaria relacionados co uso e aforro de luz e auga:


PARA AFORRAR AUGA:
-          Pecha sempre as billas cando non as utilices, que non caia nin unha gota!
-          O váter non é unha papeleira nin un cubo do lixo: coidado co que tiras.

PARA AFORRAR LUZ:
-          Apaga as luces cando non esteas nunha habitación ou a luz do día sexa suficiente.
-          Dille a túa familia que sustitúa as bombillas normales por LED, xa que gastan menos e duran máis.

     Así que, xa sabedes, aplícadeo nas vosas casas!!!! 




viernes, 7 de abril de 2017

FAINO VERDE









Este trimestre estreamos proxecto: "Faino verde". 

Educar aos máis pequenos como cidadáns responsables co medio ambiente é a clave para que se conciencien canto antes e medren sabedores do importante que é coidar do noso contorno.
Conseguilo pode ser moi sinxelo se llo explicamos con conceptos fáciles de aprender. Animándoos a promover as súas propias iniciativas a través de pequenos xestos diarios para mellorar o seu contorno, converténdoos así en embaixadores do medio ambiente.
E para conseguilo participamos nun programa de sensibilización medioambiental que, da man dunhas personaxes: Vega e a súa cuadrilla, nos axudará a promover a sostibilidade a través de conceptos como a reciclaxe e o aforro de auga e enerxía, potenciando a imaxinación e a creatividade.
Porque entre todos podemos dar vida a un hábitat mellor!!!