martes, 27 de junio de 2017

FELIZ VERÁN

Despedímonos desexándovos que pasedes un feliz verán e carguedes pilas para vernos á volta. Moitas grazas a todos (alumnado e familias) polo voso cariño e aghradecemento. Un gran pracer compartir con todos vós estes dous cursos, grandes apertas!!!!


miércoles, 21 de junio de 2017

PREMIADAS NO CONCURSO DE DEBUXO



Aquí podedes visualizar os debuxos polos que as compañeiras Cintia e Carla foron premiadas no
2º CONCURSO DE DIBUJO DEL CONSORCIO DE AUGAS DO LOURO. Noraboa chicas!!!!

ANXO, CAMPIÓN DE XADREZ

 
Por segunda vez Anxo gaña o  II Torneo Escolar de Xadrez do Porriño. Parabéns!!!

miércoles, 7 de junio de 2017

VISITA DE KIKE GÓMEZ

Esta semana visitounos Kike Gómez, o autor de "Érik o construtor de soños". Foi moi divertido e interesante charlar con él. Ademais firmounos o noso libro e deunos unha serie de consellos para convertirnos en grandes escritores.


viernes, 2 de junio de 2017

ORGULLOSOS DA NOSA COMPAÑEIRA

A nosa compañeira Rebeca é FINALISTA no V Certame de RELATO CURTO, aquí vos mostra o seu primeiro relato publicado na nova edición deste certame.
Parabéns Rebe, este é un premio polo teu esforzo e creatividade!!!!



NOVO GALARDONADO DA LISTAXE DOS ANXOS

Parabéns Javi!!!

martes, 30 de mayo de 2017

EN FAMILIA


 


Aquí temos o pasapalabra da familia elaborado polo alumnado. Xa podedes xogar con el e pasar un bo anaco!!!!

viernes, 19 de mayo de 2017

FESTIVAL DE CANS

Ollade quen chegou ao noso cole, e ollade tamén como saiu del, hehehe!!!




A semana pasada o centro de maiores invitounos a participar no concurso de Cans que dirixen este ano, a verdade é que foi moi difícil..., a maioría eran espectaculares. Tamén vimos unha curta con eles sobre a vellez e aprendemos que debemos coidar moito dos nosos avós e avoas. Aquí vos deixamos unha mostra.










lunes, 8 de mayo de 2017

Coñecendo a contorna

Percorremos a ribeira do Louro, acompañados por Marcelo, experto en medioambiente da Asociación FAIA. Xuntos coñecemos a flora típica da zona: vimos amieiros, freixos, salgueiros negros, sabugueiros...E tamén anades reais, cabaliños do demo, ras e ata un lagarto arnal. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da saída.

DE RUTA POLO PASEO DO LOURO

viernes, 21 de abril de 2017

DÍA DA NAI TERRA

Este día brindanos a oportunidade de concienciar a tódolos habitantes do planeta acerca dos problemas que  afectan ás diferentes formas de vida que nel se desenvolven.
En 2017 a campaña denomínase “Alfabetización medioambiental e climática”.

As clases de 4º estamos participando nun concurso chamado “Faino verde”, polo que nos convertemos en embaixadores e embaixadoras do medio ambiente no noso cole. Así que hoxe facilitámoslles unha serie de consellos para a vida diaria relacionados co uso e aforro de luz e auga:


PARA AFORRAR AUGA:
-          Pecha sempre as billas cando non as utilices, que non caia nin unha gota!
-          O váter non é unha papeleira nin un cubo do lixo: coidado co que tiras.

PARA AFORRAR LUZ:
-          Apaga as luces cando non esteas nunha habitación ou a luz do día sexa suficiente.
-          Dille a túa familia que sustitúa as bombillas normales por LED, xa que gastan menos e duran máis.

     Así que, xa sabedes, aplícadeo nas vosas casas!!!! 




viernes, 7 de abril de 2017

FAINO VERDE









Este trimestre estreamos proxecto: "Faino verde". 

Educar aos máis pequenos como cidadáns responsables co medio ambiente é a clave para que se conciencien canto antes e medren sabedores do importante que é coidar do noso contorno.
Conseguilo pode ser moi sinxelo se llo explicamos con conceptos fáciles de aprender. Animándoos a promover as súas propias iniciativas a través de pequenos xestos diarios para mellorar o seu contorno, converténdoos así en embaixadores do medio ambiente.
E para conseguilo participamos nun programa de sensibilización medioambiental que, da man dunhas personaxes: Vega e a súa cuadrilla, nos axudará a promover a sostibilidade a través de conceptos como a reciclaxe e o aforro de auga e enerxía, potenciando a imaxinación e a creatividade.
Porque entre todos podemos dar vida a un hábitat mellor!!!

martes, 21 de marzo de 2017

LISTAXE DOS ANXOS

Novas galardonadas pola súa contribución ao bo trato na clase. Parabéns Cintia e Lía!!!


POEMAS DE GLORIA FUERTES





                        

21 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Hoxe invitamos ao alumnado de 1º a coñecer unha breve historia da vida de GLORIA FUERTES, poetisa universal, defensora da paz e amante da infancia, que tanto aportou e aporta ao campo da poesía infantil entre outros.
Tamén recitamos algúns dos seus versos máis graciosos.
ESPERAMOS QUE O GOCEDES!!!

                              

    
                     

viernes, 10 de marzo de 2017

O MUNDO DAS BICICLETAS

 Aquí vos deixamos coa exposición do traballo de investigación sobre a BICICLETA. 
Agardamos que vos guste!











JAVI E LIAM COAS SÚAS ACHEGAS Á AULA. MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!

TRABALLANDO A BIOGRAFÍA!!!!


Estes días estamos traballando sobre as vidas de persoas que loitaron polos dereitos humanos e pola Paz. Persoaxes como Nelson Mandela, Malala, Martin Luther King, Amira Hass, Clara Campoamor, Gandhi, Jimmy Carter ou John Lennnon entre moitos outros lembrándonos un pasado para  construir entre todos e todas un mundo mellor!!! Excelentes exposicións. Noraboa chic@s!!!




Carla sorprendeunos cunha fermosa estatua de Buda!!!

lunes, 13 de febrero de 2017

MÁIS MÁQUINAS

Hoxe contamos coa marabillosa aportación  da profesora Carmen Freiría e  parte do seu alumnado (Formación Profesional, na rama de Electrónica) que viñeron a mostrarnos cómo funciona un ordenador por dentro, trouxeron tamén diversos circuitos e ata nos fixeron un experimento. Moitas grazas, así da gusto aprender máis aspectos sobre as MÁQUINAS.
Aquí vos deixamos algunhas fotos para que compartades o momento connosco!!!!

domingo, 5 de febrero de 2017

PROXECTO:A CONVENCIÓN DE MÁQUINAS


Seguimos ás voltas coa nosa labor de investigación. Agora que xa sabemos algo máis dos inventos e das máquinas imos comenzar un traballo cooperativo sobre unha máquina complexa que usamos a miúdo.Cal será????


Aquí vos deixamos unha breve exposición de máquinas simples e o "Muíño" feito por Sebastian,bo traballo familia!!!! Parabéns!!!



miércoles, 18 de enero de 2017

PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO

O entroido está chegando...., e este ano ímonos disfrazar de froitas, a nosa será a SANDÍA seguindo a temática do proxecto anual "Hábitos de vida saudables".
Estes son  os modelos propostos para a nosa clase. Elexide o que máis vos guste: