martes, 29 de noviembre de 2016

VISITA A UNHA SALINA ROMANA

Hoxe fixemos un interesante percorrido para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano que por sorte está en Vigo.
Un xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.
A exposición conta ademais coas explicacións dun magnífico arqueólogo, gran científico e humorista, chamado Valtierra. Altamente recomendable!!!!





viernes, 25 de noviembre de 2016

SEGUIMOS COS ROMANOS A VOLTAS!!!!

Carla sorprendeunos cunha espectacular maqueta sobre "AS IDADES DA HISTORIA".
Espectacular, grazas Carla e familia!!!



VAN PARA ARTISTAS

Esta semana a nosa compañeira María compartiu con nós as obras que realiza na clase de pintura.
Vaia talento, deixounos abraiados! Parabéns para María e a súa familia!!!!


jueves, 17 de noviembre de 2016

LISTAXE DOS ANXOS

Aquí temos a nosa nova galardonada pola súa contribución ao bo trato na nosa clase.
Parabéns Nerea!!!!

jueves, 3 de noviembre de 2016