jueves, 22 de diciembre de 2016

ACTUACIÓN NO FESTIVAL DE NADAL 2016

Na seguinte ligazón, podedes acceder á actuación do alumnado de 4ºA no Festival de Nadal´16 do cole, no pase realizado para o alumnado (que foi o que quedou mellor gravado).

https://youtu.be/hhmJewN3VU0

Noraboa a todos e todas polo gran traballo realizado e pola gran interpretación nos dous pases realizados (para o alumnado e para as familias). Sodes uns campións e unhas campioas!!!









Agradecer ás familias que participaron na organización desta obra de teatro pola súa implicación e entusiasmo. Grazas a todos e todas.

Bo Nadal!!!

martes, 29 de noviembre de 2016

VISITA A UNHA SALINA ROMANA

Hoxe fixemos un interesante percorrido para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano que por sorte está en Vigo.
Un xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.
A exposición conta ademais coas explicacións dun magnífico arqueólogo, gran científico e humorista, chamado Valtierra. Altamente recomendable!!!!





viernes, 25 de noviembre de 2016

SEGUIMOS COS ROMANOS A VOLTAS!!!!

Carla sorprendeunos cunha espectacular maqueta sobre "AS IDADES DA HISTORIA".
Espectacular, grazas Carla e familia!!!



VAN PARA ARTISTAS

Esta semana a nosa compañeira María compartiu con nós as obras que realiza na clase de pintura.
Vaia talento, deixounos abraiados! Parabéns para María e a súa familia!!!!


jueves, 17 de noviembre de 2016

LISTAXE DOS ANXOS

Aquí temos a nosa nova galardonada pola súa contribución ao bo trato na nosa clase.
Parabéns Nerea!!!!

jueves, 3 de noviembre de 2016

viernes, 14 de octubre de 2016

LISTAXE DOS ANXOS

Rebeca é a nosa primeira galardonada co diploma dos "Anxos" pola súa contribución á mellora do bo trato na nosa clase. Parabéns!!!!!!

miércoles, 5 de octubre de 2016

UNHA VISITA INESPERADA

  Mirade quen agardaba por nós na clase!!! Quen  é?

As teorías foron múltiples: unha gladiadora, unha romana moderna, un antepasado que ven a aprendernos cousas sobre os romanos e as romanas... En fin, unha amiga que nos acaba de espertar a curiosidade sobre este imperio do que teremos moito que falar durante as vindeiras semanas!!!!

miércoles, 14 de septiembre de 2016

Comezando o curso 2016-2017


O luns día 12 de setembro, os nenos e nenas de 4ºA chegaron ao cole ilusionados e con ganas de comezar un novo curso.